Biografía

Satxa comezou no 2010 baixo o nome “Satxa na leira”, cun estilo punk-folk moi marcado polo humor nas súas letras.
O que comezou como un pasatempo, tras xurdir as primeiras datas importantes e cambios de formación convertiuse nunha banda sólida.
Grabaron a súa primeira maqueta que recollía toda a frescura que unha banda nova merece, con temas de alto contido social e máis humor, sempre facendo referencia o seu entorno.
Tras máis cambios de formación, chegou a estabilidade ao grupo, compartindo cartel con grandes bandas do estilo coma Lendakaris Muertos, Gatillazo, Germenes ou Mala reputacion.

Participaron no recopilatorio Directo Xove, demostrando a súa evolución no seu tema “Venganza”.
O seu primeiro disco “Moita leira por satxar” foi gravado anos atras, pero non ve a luz ata finais de 2015. Este disco cheo de colaboracións deixa patente o nivel consolidado do grupo.
Na actualidade, tras novos cambios de formación e acadar un novo nivel técnico e compositivo, decidese facer un punto de inflexión, deixar atras o humor e facer patente a madurez cun cambio de nome, así nace Satxa.
O duro traballo marca o día a día do comezo do 2016, onde comeza a coller forma o seu segundo álbum “Al borde del abismo” que ve a luz no verán de 2017 co que deixan claro que voltan pra quedarse.