O pasado día tres de febreiro estivemos tocando na Sala Capitol en Santiago de Compostela xunto con Lendakaris Muertos, un concerto moi especial para nós xa que contábamos por primeira vez enrriba do escenario cos Ezetaerre para tocar o Que facer? e era o segundo concerto coa formanción dos catro que somos actualmente. Seguimos agradecidos con Santa Guerrilla por contar con nós para esa ocasión.

Así que deixamos esa nointe inmortalizada con este video do último tema que tocamos no concerto e que pertence ao noso primeiro disco “Esperanza”